disminuir tamaño letra aumentar tamaño letra

 AS NOSAS PARROQUIAS

No ourizonte da miña casa de Trasalva ordéanse moi fermosas bocarribeiras e encostas, chaos ceenteiros, anacos sospeitados de ribeira e serras graves e lonxanas... Enxergo moitas aldeas e estradas. E sempre, pechando a fiestra pola noite e franqueándose pola mañá, meu ollar fíxase con amor na fina composición das casas, arboredas e camiños de Maside.
 
Preto de Listanco e Amarante, de Lago e Santa Comba e Armeses, boas parroquias, Maside, ó mesmo tempo labrego, fidalgo e comerciante, ten unha feitura de pobo gracioso e ledo (...)
 
R. Otero Pedrayo, Trasalba 1959
 
 
O concello de Maside figurou sempre entre os concellos rurais máis poboados da provincia de Ourense e aínda que perdeu moita poboación ó longo dos últimos cincuenta anos debido á emigración, principalmente cara países de Iberoamérica e Centroeuropa, segue a estar ben posicionado no conxunto provincial.
 
 
 
 
 
O territorio conta cun total de 63 poboacións repartidas nun total de nove parroquias, cada unha das cales posúe algunha característica que a fai especial.
 
 
 
  • MASIDE (San Tomé)  
Núcleos poboacionais: Figueiredo, Estación, Maside, Negrelle e O Outeiro. 
 
 
 
 
 
  • AMARANTE (Santa María)

Núcleos poboacionais: Dacón, Pousada, Fonteboa, Agro de Quinta, Aldeíñas, Casanova , Gulfar, Santián, A Fontela e Corzos.

A parroquia de Santa María de Amarante era a máis importante das terras de Maside pola súa extensión xeográfica e demográfica e polas rendas da Igrexa. Así, a meirande parte das súas terras eran forais do Cabildo de Santiago, quen no 1753 tiña en Dacón (núcleo da parroquia e segundo lugar de maior número de habitantes do Concello) unha casa terrea e colmada para recolle-las rendas.
 
A parroquia está capitalizada por Dacón, núcleo agradable para vivir e cunha gran tradición xamoneira.
Dacón sempre tivo unha gran vida social e económica e incluso se chegou a publicar periodicamente un xornal local titulado “Moralidad y Justicia”. Tivo a súa propia feira celebrada o día 8 de cada mes, e entre as súas empresas había hoteis, fábrica de aserrar madeiras, fábrica de embutidos, fábricas de ovos, fábricas de xamóns, empresas de transportes, etc. A importancia desta vila era tal que incluso en Bos Aires (Arxentina) existiu un Centro daconés. Na mesma Arxentina residía o patrocinador da igrexa de Dacón que tantos devotos de Santa Rita recibe cada mes de maio.
 
Hoxe en día, con 546 veciños o pobo de Dacón segue a ser un lugar agradable para vivir e conta coa vantaxe de ter a vida comercial e de ocio do Carballiño a tan só 2 km.
 
 
 
 
  • GARABÁS (San Pedro)  
Núcleos poboacionais: O Bolo, Bouzas, Canedo, A Carreira, Costanza, A Eirexa, Faquín, Garabás, A Lamasaída, Mundín, A Pena de Abaixo, A Pena de Arriba, Requeixo e Sueirexa. 

 

 

  • LOUREDO (Santa María) 
Núcleos poboacionais: A Carreira, Espiñeiros, Loredo, Manzós, Martín de Louredo, O Outeiro, Ribadal e Sante.

 

 

 

  • PIÑEIRO (San Xoán)  
Núcleos poboacionais: San Paio, San Baínto, As Quintás, Piñeiro e Sobreira.
 

 

 

 

  • ARMESES (San Miguel)   

Núcleos poboacionais: Casanova, Laiantes de Abaixo, Laiantes de Arriba, Listanco, O Outeiro, San Fiz, San Miguel e A Touza.

 

 

  

  • RAÑESTRES (San Mamede)

Núcleos poboacionais: Cima de Vila, O Mato e As Quintás.

 

 

 

 

  • O LAGO (San Martiño) 
Núcleos poboacionais: O Lago, Alén, Ansamonde, Bouzas, Estúñiga, Lovada, Lavandeira, A Reguenga, Ribiñas e Toscaña. 
 

 

 

 

  • SANTA COMBA DO TREVOEDO
Núcleos pobocionais: Trevoedo, Balteiro, A Carballeira, A Carrasca, O Pazo, Santa Comba e A Pobanza.
 
 
 
 
 
 
 
 
Para máis información: concello@concellodemaside.es