disminuir tamaño letra aumentar tamaño letra
[03 Febreiro 2010 - 11:04:37]

Maside en FACEBOOK

Comunicamos, para todos aqueles que aínda non o saiban, que Maside está presente na rede social facebook, a través do grupo CONCELLO DE MASIDE - EU SON MASIDAO, creado hai dous anos por un xove do concello co obxectivo de crear un espazo online mediante o cal estar en contacto amigos, veciños e emigrantes das terras de Maside. 

Se tes un perfil neste actual canal de comunicación, únete ó grupo  CONCELLO DE MASIDE - EU SON MASIDAO e ponte en contacto cos veciños e amigos das terras de Maside.

 

Por outro lado, o Concello de Maside ten un perfil propio en facebook VIVE MASIDE, que naceu como ferramenta de promoción para dar a coñecer Maside e os seus eventos e festas polo mundo adiante.

 

 

 

¡ VIVE MASIDE!