disminuir tamaño letra aumentar tamaño letra
[19 Setembro 2014 - 14:27:08]

EM Música Tradicional

Matricula aberta todo o ano.

Esta escola ten o obxectivo de fomentar a música tradicional partindo da aprendizaxe dos seus principais instrumentos musicais, gaita, tamboril e bombo, así como diversos instrumentos de parcusión como trécolas, cunchas, culleres... e como non, a pandeireta.

No tocante ás clases, estas estarán orientadas tanto a persoas que queiran iniciarse nesta música como a outras xa iniciadas que busquen o seu perfeccionamento, independentemente da idade. Para as primeiras, as clases serán conxuntas e impartiránselle clases dos tres instrumentos principais, coa finalidade de coñecer os distintos ritmos e formas que a nosa música posúe, así como os distintos instrumentos. Para as segundas, as clases serán individuais ou en grupos reducidos, creando combos que axilicen e dinamicen a aprendizaxe.

Lugar e Horarios:

Casa da Cultura de Maside:

.- Gaita e percusión: martes e xoves 18,00-19,00 horas

.- Pandeireta: sábado 16,00-17,30 horas

Cota:

.- Gaita e percusión: 20 €/pers/mes

.- Pandeireta: 15 €/pers/mes

* Prezos reducidos para aquelas persoas que se inscriban en tódalas disciplinas.

*Será necesario un número mínimo de persoas para realizar a actividade.

 

Máis información e inscricións: Oficinas dos Servizos Sociais ou no 988 40 11 08 (Yolanda)