disminuir tamaño letra aumentar tamaño letra
[02 Marzo 2017 - 12:46:57]

Presentación da Revista Ágora Do Orcellón

Sábado 4 de marzo ás 12,00h na Casa da Cultura de Maside.

O sábado día 4 ede marzo, ás 12,00 h presentarase na Casa da Cultura de Maside a Revista ÁGORA DO ORCELLÓN.

Neste número aparecen dous estudos relacionados con Maside:

.- Por un lado, a análise pormenorizada que fai Estanislao Fernández de la Cigoña-Nuñez, do reloxo da igrexa de Dacón,

.- E por outro, un amplísimo e detallado traballo do investigador masidao X. Ricardo Rodríguez, sobre os tratantes do noso concello, centrándose, como non podía ser doutra maneira, nos da parroquia de Garabás.

Este traballo ocupa unha boa parte da revista e céntrase nun aspecto básico da economía do municipio ata fai poucos anos, formando parte da nosa historia e da da grande maioría das nosas familias.