..::: Concello de Maside :::.. www.ConcelloDeMaside.es - ..::: Concello de Maside :::.. www.ConcelloDeMaside.es

OFICINA VIRTUAL

          O Concello de Maside aposta por Internet para axilizar as xestións administrativas e evitar os desprazamentos ás oficinas municipais. Así mesmo faino para cumprir co disposto na Lei 11/2007, do 22 de Xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Por elo, creou esta Oficina Virtual, desde a cal poderás descargar os impresos de solicitudes máis habituais e así axilizar os teus trámites administrativos.

Unha vez cubertas, podes envialas ó Concello, a través de dúas formas:

- Pulsando o botón de Enviar (aparecerá unha fiestra, e nela debes elixir a opción de Enviar copia) a solicitude á dirección de e- mail concello@concellodemaside.es

- Imprimila e enviárnola por fax ó número: 988 28 06 84.

O CONCELLO RESPONDE
¡PONTE EN CONTACTO CONNOSCO!

No caso de que os distintos impresos, que che facilitamos, non teñan relación co tema sobre o que nos queres facer a túa consulta, a continuación axuntamos un formulario xeral, para que expoñas nel o que consideres oportuno. 

Por outro lado, no caso de que prefiras realizar unha consulta a un departamento concreto, podes dirixirte as seguintes direccións:

Servizos sociais        servizossociais.maside@eidolocal.es

Urbanismo                xemur.maside@gmail.com                                                                                                    

Turismo                     turismo@concellodemaside.es